Sunday 12 de May de 2024

O día 28 remata o prazo para renovar as tarxetas de aparcamento por razón de municipio


Todas aquelas persoas que teñan tarxeta de estacionamento por razón de municipio deberán aboar a taxa de 50 euros correspondente ao ano 2015. Para iso só será necesario presentar o D.N.I (ou fotocopia) do propietario do vehículo ata o 28 de febreiro, data na que remata o prazo. De non facer o abono no período establecido a tarxeta será anulada.

O pago efectuarase na empresa Setex Aparki S.A. na avenida de Lugo, número 4, en horario de luns a venres de 10 a 14 e de 16,30 a 20,30 horas e sábados de 10 a 14 horas.